Este sábado, 3 de outubro, no XV Encontro de Palilleiras do Concello de Xove haberá máis de 300 participantes

Máis de 300 persoas procedentes de Galicia, de Asturias e Castela León, participarán este sábado, 3 de outubro, no XV Encontro de Palilleiras Coas Nosas Mans do Concello de Xove. O prazo de inscrición, que remata este mércores, 30 de setembro, permaneceu aberto durante este mes de setembro, período no confirmaron a súa asistencia xa un total de 21 postos de venda de artesanía e encaixes e máis de 300 palilleiras, explica o Concello de Xove, que tamén anuncia que o acto estará amenizado pola mañá co grupo de gaiteiros da Asociación Cultural Saíñas de Xove e pola tarde co grupo de pandereteiras do mesmo colectivo.

“Agardamos que, como cada ano, o evento serva para intercambiar técnicas e coñecementos relacionados co arte do encaixe e, sobre todo, para reencontrarse con amizades que ao longo do tempo se foron formando e consolidando. Esperamos que, ademais das participantes no encontro, se reúna en torno a elas un gran número de público asistente que non deixa de crecer cada ano. Pois escoitar a melodía dos palillos de 300 encaixeiras soando ao unísono é un espectáculo digno de ser presenciado”, remata o Concello de Xove.