A asociación Pasada das Cabras, de Burela, fará unha ruta na Costa de Dexo (A Coruña) este sábado, 17 de outubro

A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, fará unha ruta na Costa de Dexo, no municipio coruñés de Oleiros, este sábado, día 17 de outubro. O prezo é de 35 euros para os socios do colectivo organizador e de 45 euros para os que non o son. Inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 08:00 horas desde a estación de autobuses de Burela.

É unha ruta de dificultade baixa, con 8,1 quilómetros de percorrido. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado.

As persoas que queiran participar deben anotarse antes deste xoves, 15 de outubro.