Alfoz acollerá un concurso de disfraces o 27 de febreiro pola noite. Está organizado pola asociación cultural xuvenil O Castelo.

A Asociación Cultural Xuvenil O Castelo de Alfoz organiza un concurso de disfraces que se celebrará o día 27 de febreiro. Dará comezo ás 21:30 horas e as inscricións poderán facerse a partir das 20:00 horas.

Os premios na categoría infantil, ata 12 anos, serán en individuais 50 euros para o primeiro, 40€ para o segundo e 20€ para o terceiro. En parellas o primeiro premio será de 60 euros, 50€ o segundo e 30€ o terceiro. En grupos o primeiro premio recibirá 90 euros, 60€ o segundo e 40€ o terceiro.

Na categoría de adultos, maiores de 12 anos, en Individuais o primeiro premio será de 80 euros, 60€ o segundo e 30€ o terceiro. En parellas o primeiro premio recibirá 100 euros, 70€ o segundo e 40€ o terceiro. En grupos o primeiro premio será de 150 euros, 100€ o segundo e 50€ o terceiro.

Na categoría de charangas e comparsas o primeiro premio recibirá 160 euros e 110€ o segundo. Para recoller o premio será requisito imprescindible levar o disfraz completo. No caso de parellas, grupos, comparsas ou charangas deberán estar presentes tódolos seus compoñentes.

Colaboran a Comparsa Os Fandangueiros que non participará no concurso, o Concello de Alfoz, a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia.