A arxentina Ticiana Ghiglione Darriba presenta en Ribadeo o seu libro “Non apartes a mirada do espello” este venres, 15 de marzo

A artista arxentina Ticiana Ghiglione Darriba presentará en Ribadeo o seu libro titulado “Non apartes a mirada do espello”. Será este venres, 15 de marzo, ás 20:15 horas na Casa do Viejo Pancho. O acto será conducido polo ribadense Antonio Gregorio Montes.

Ticiana Ghiglione Darriba naceu en Bos Aires en vive en Galicia desde 1992. É licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Filla de nai artista e pai artesán, desde moi pequena sentiuse atraída polo arte, participando en numerosas actividades relacionadas con la creación. Neta de galegos por parte de nai, vive en Galicia desde os 10 anos de idade.

“Non apartes a mirada do espello” é un libro que recolle dez relatos ilustrados, escritos en galego e castelán.