A asociación Aspanane organiza un mercadillo en Xove este mércores, 14 de febreiro

A Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Viveiro (ASPANANE) organiza a terceira edición do mercadillo “Ámate como eres”. Será en Xove este mércores, 14 de febreiro, de 10:00 a 20:00 horas. 

A asociación explica que este mercadillo “nesta ocasión estará nun novo emprazamento: Concello de Xove (ao carón do Centro Cívico). Agradecemos enormemente a boísima acollida e a axuda prestada polo Concello de Xove”.