A asociación de San Adriano, en Lourenzá, organiza unha excursión a Vilanova de Cerveira, Vigo, Combarro e Pontevedra para os días 25 e 26 de novembro

A asociación veciñal cultural San Adriano, de Lourenzá, organiza unha excursión a Vilanova de Cerveira (Portugal), Vigo, Combarro e Pontevedra para os días 25 e 26 de novembro

O prezo por persoa son 129 euros e inclúe viaxe ida e volta en autobús, comida, cea baile, almorzo, hotel en pensión completa, guía os dous días e seguro de viaxe. A data límite para anotarse é o 15 de novembro.

Para máis información e reservas os interesados poden contactar cos organizadores a través dos teléfonos 677.85.53.21 ou 606.50.40.00.