A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta por Vegadeo para o 15 de febreiro

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza para o día 15 de febreiro, domingo, un percorrido pola Ruta del Estraperlo, no municipio asturiano de Vegadeo. A distancia a percorrer son 13 quilómetros e a dificultade é media. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán un cocido de Entroido.

A saída será ás 08:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do mércores 11 de febreiro. O prezo é de 50 euros para os socios do colectivo organizador e de 55 euros para os que non o son.