A asociación de veciños de Saldoira (A Pontenova) organiza unha charla sobre primeiros auxilios o 8 de abril

A asociación de veciños San Pedro da Ribeira, de Saldoira (A Pontenova), en colaboración coa Cruz Vermella de Lugo, organiza para o luns 8 de abril ás 17:00 horas unha charla sobre iniciación aos primeiros auxilios “coa fin de achegar coñecementos básicos neste eido”. 

Para obter máis información as persoas interesadas nesta actividade poden contactar co teléfono 663.730.068.