A Asociación Equina A Medela organiza a súa XXV ruta cabalar en Xove o 17 de marzo

A Asociación Equina A Medela organiza a vixésimo quinta edición da súa ruta cabalar en Xove o domingo 17 de marzo.

As actividades empezarán ás 10:00 horas coa saída dos participantes desde o campo da igrexa de Sumoas, onde tamén rematará o percorrido e terá lugar o xantar nunha carpa. O evento estará amenizado por un grupo musical e haberá sorteo de agasallos entre os asistentes. As inscricións para participar, que teñen un prezo de 30 euros por persoa, poden facerse ata o 13 de marzo.

Para esta actividade a asociación A Medela conta coa colaboración do Concello de Xove.