A asociación Terras de Lourenzá organiza unha ruta á zona de Pantón o 23 de abril. A inscrición está aberta.

A asociación de sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta á zona de Pantón o día 23 de abril. A saída será ás 7:00 horas do Cantón de Vilanova.

O percorrido discorrerá por Cibrisqueiros a San Cosmede, cunha distancia de oito quilómetros, e pola Fervenza Augacaída-Castro de Marce, dunha lonxitude de catro quilómetros. Ao rematar as rutas haberá unha comida nun restaurante da zona.

As inscricións pódense facer ata das 20:00 horas do 20 de abril nos teléfonos 647 06 70 54 e 619 82 87 84. Os prezos son de 35 euros para os socios e 40€ para os non socios.
Deberán respectarse as medias covid e no bus será obrigatoria a máscara.

O Concello de Lourenzá colabora na organización deste evento.