Ata o 19 de agosto celébrase Foz Market 2018 na explanada portuaria. O día 18 pola tarde haberá un acto de promoción do Entroido focense.

Na tarde de onte abriu as súas portas Foz Market 2018, na explanada portuaria, con grande asistencia de público. Polo recinto pasaron o alcalde, Javier Castiñeira, o presidente de ACIA/CCA, José Carlos Paleo, o concelleiro de Comercio, Ánxel Paleo, e o organizador do evento, Ángel Rojo. Ata o domingo as propostas gastronómicas das doce food trucks que participan en Foz Market 20018 serán as protagonistas. Tamén haberá actividades infantís polas tardes e concertos en directo polas noites. 

O alcalde focense declarou na inauguración de Foz Market que “temos detrás estes anos de experiencia e á xente encántalle. É unha combinación estupenda tanto a parte gastronómica das food trucks, que é un dos enganches importantes desta feira, como a parte dos nenos. Todo o ocio que hai, poder estar nun recinto onde combines gastronomía e ocio, e tamén a feira do automóbil para poder visitar e tratar de ver algunha oferta. É coñecido que é unha feira que ten moito éxito de vendas, e polo tanto estamos moi contentos e satisfeitos. É un fin de semana potente xunto coa feira do libro, ambos eventos  compatibilizan perfectamente. Hai moita xente no pobo, e hoxe, nada máis empezar, vemos que está todo con moitisima afluencia de público. Eu creo que durante estes días vai ser un éxito”.

Promoción do Entroido
Javier Castiñeira subliñou que “sempre queremos ir innovando e esta feira é unha oportunidade estupenda para poder mostrar que en Foz hai moitísima actividade tamén en inverno. No mesmo verán queremos tratar de desestacionalizar, aínda que pareza unha utopía. Queremos promocionar o Entroido, como ben sabemos é un dos mellores entroidos de Galicia, e dentro do stand que ten o Concello de Foz aquí, ademais de toda a mostra con folletos e cartelería da parte turística, este ano enfatizamos tamén no Entroido, para que toda a xente que veña agora en verán, saiba que aquí tamén ten unha data interesante a ter en conta que é o noso Entroido. Haberá ademais diferentes actuacións. Este sábado, 18 de agosto, ás oito da tarde a comparsa gañadora do Entroido pasado fará unha demostración polo Foz Market, e mostrará á xente como se vive o carnaval en Foz. Grazas ás Sen Xeito por esta colaboración, e esperemos que isto sexa unha porta aberta en Foz Market para que todas aquelas comparsas que queiran teñan un día de homenaxe ao Entroido. É unha forma de promocionar o pobo nunha época como esta con moitísima afluencia de público na nosa vila”.

Pola súa banda Ángel Rojo, organizador de Foz Market, manifestou que “esto es un evento que apoya el verano de Foz. Es muy importante, como dice el alcalde, para todas las personas que vienen a Foz, ya que es una actividad que dinamiza, atrae y consolida y hace que cada año venga más gente a Foz. Esto con la feria del libro, con la festa normanda y todo lo que hay a lo largo del año suma más. Al final de lo que se trata es de que te enganche Foz porque hay muchos eventos durante todo el verano y eso posibilita que la gente venga, familiares y amigos, y el resultado es que cada vez viene más gente. Esta es una feria muy familiar y muy de la gente de aquí de Foz, que al final es la gente que viene, con familia y amigos, y está muy representada en lo que es el turismo de Foz”. E engadiu: “lo que queremos es dinamizar y crear estos cinco días repletos de actividades para que la gente cuando vaya a la playa, o a hacer cualquier cosa, tenga estas tardes entretenidas. Es de lo que se trata, de dinamizar un poco el verano porque al final son treinta o cuarenta días que hay que tener actividades y no podemos parar”.

Ata o 19 de agosto polas tardes haberá actividades infantís, organizadas pola empresa IG10. E todas as noites terán lugar actuacións musicais. Hoxe, xoves, ás 21:00 horas Silvidos e Gemidos ofrecerá un concerto. O venres ás 22 horas a nota musical poñeraa o grupo Otus Scops. Xa o sábado haberá dobre cita musical: ás 21 horas concerto de Folkólicos e ás 23  horas de Skuld. E o domingo ás 22 horas actuación de Swing 21. 
Foz Market acolle, un ano máis, o salón do automóbil no que estará presente o Grupo Breogán con todas as súas marcas: Toyota, Lexus e Kia.