Ata o 29 de setembro está aberta a preinscrición para o curso 2023/24 na Escola Municipal de Música de Xove.

Ata o 29 de setembro vai estar aberta nas oficinas do Concello a  Preinscrición para o Curso 2023-2024 na Escola Municipal de Música de Xove. Todos os  alumnos/as que queiran preinscribirse deberán presentar o impreso cuberto no Rexistro Municipal en horario normal de oficinas (de 8:00 a 14:00 horas) para formalizar a súa preinscrición ou tamén enviando o impreso cuberto ao correo electrónico carolina@xove.es. O impreso de preinscripción o poden recoller nas oficinas do Concello o na web do Concello www.xove.es.

Rematado o prazo de preinscrición fárase público no taboeiro  de anuncios do Concello o listado de NOVOS admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2.023/2.024. O pago da matrícula farase mediante o Acordo Regulador do prezo público: “O pago da presente exacción efectuarase mediante padrón que se aprobará unha vez finalizado o período de matrícula, liquidándose o prezo polo sistema de recibo, sendo a domiciliación bancaria o xeito preferente de abono do prezo”.

Recordar que esta preinscrición é para novos alumnos. Os alumnos que desenvolveron a súa actividade na Escola durante o Curso 2022/2023 xa tiveron a posibilidade de matricularse durante o  pasado  mes de xuño.