Ata o 31 de agosto celébrase en Ribadeo o VI Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos. Está organizado por Apaga e conta con 70 asistentes.

Hoxe, luns, da comezo en Ribadeo o VI Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos no que participarán arredor de 70 persoas ata o vindeiro 31 de agosto. O evento está organizado pola Asociación de Profesores de Automoción de Galicia e ten coma destinatarios a mestres da familia de transportes e mantemento de vehículos, a profesionais do sector do automóbil, a alumnos de Formación Profesional, a alumnado universitario e a afeccionados ao mundo do motor. 

O VI Fórum terá unha duración de 21 horas. Haberá charlas pronunciadas por representantes de empresas como PSA, BMW, Bosch ou ZF, que é a primeira vez que vai participar neste evento. Os asistentes tamén participarán en charlas sobre climatización, soldadura, impresión en 3D, son e equipos didácticos. 

As instalacións do hotel O Cabazo, de Ribadeo, acollen o VI Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos que arrinca esta tarde ás 20:30 horas cunha conferencia sobre

A Formación Profesional en Alemaña, que pronunciarán Jörg Grube e Paul Gliet. “Este inicio é unha das novidades deste VI Fórum xunto aos talleres de son e impresión en 3D”, segundo subliña o presidente de Apaga, Álvaro Doural.