A axencia de viaxes ribadense Augasantas organiza unha excursión a Xuvenlugo o 27 de decembro.

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión a Lugo para  visitar o salón de ocio infantil e xuvenil XuvenLugo Será o día 27 deste mes, venres.

A actividade inclúe o desprazamento en autocar e a entrada a XuvenLugo.  O prezo é de 15 euros por persoa para adultos e rapaces maiores de doce anos, mentres que os menores desa idade terán que pagar 12 euros e para os bebés de menos dun ano é gratis.

Para a reserva de prazas nesta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.445.465 ou 982.877.470.