A Banda da Escola Municipal de Música de Burela ofrecerá un concerto o 18 de xaneiro no auditorio da Casa de Cultura.

A Banda da Escola Municipal de Música de Burela ofrecerá un concerto este sábado, 18 de xaneiro, no auditorio da Casa de Cultura ás 20:00 horas. A entrada é gratuíta.

A Banda interpretará un programa moi variado con obras do repertorio clásico ata modernas e populares:

Getawaymarch- Arr.: Luís IglesiasVázquez/Bruno Álvarez Gómez
Yo quesé!- Andrés Fernández Cortés
Divertimend forbad - Arranxo: Luís Iglesias Vázquez
Excalibur- Arranxo: Luís Iglesias Vázquez
Starwars- Arranxo: Luís Iglesias Vázquez
Bella ciao - Arranxo: Bruno Álvarez  Gómez
Thegood thebad and theungly- Arranxo: Luís Iglesias Vázquez
Sway- Arranxo: Luís Iglesias Vázquez 

A formación está dirixida polo profesor da Escola Bruno Álvarez Gómez coa colaboración de Luís Iglesias Vázquez e demais profesores da Escola. 

A Banda da Escola Municipal de Música de Burela presentouse o ano pasado por mor das festas patronais coa pretensión de ter, co tempo, unha programación estable e dar a posibilidade aos alumnos da Escola de poder ofrecer publicamente o froito do traballo levado a cabo xunto ao profesorado do centro.