Barreiros acollerá un espectáculo con pompas de xabón xigantes. Será o 3 de agosto no centro sociocultural.

A Delegación de Cultura organiza un espectáculo de pompas de xabón xigantes para o público familiar que se celebrará o vindeiro venres, 3 de agosto. Será ás 12:00 horas e terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

Os Fabulosos Cleaners presentarán un sorprendente espectáculo visual con pompas de xabón dirixido a un público de todas as idades. Interpretado por Xoque Carvajal e Jouse García, é unha creación de Luis Beviá e o propio Xoque Carvajal é quen tamén dirixe esta cita xunto a Marcos Orsi.

É unha actuación enmarcada dentro do programa Cultura no Camiño 2018 da Xunta de Galicia.