A Biblioteca Pública Municipal de Barreiros amplía o seu horario.

Desde este pasado luns, 4 de setembro, a Biblioteca Pública Municipal de Barreiros modificou o seu horario de apertura ofertando 50 horas semanais, 15 máis que no horario de tempada anterior. Agora está aberta os luns de 10:00 a 15:00 horas e de martes a venres de 10:00 a 19:00 horas.

O Concello de Barreiros explica que “con este novo horario continuo búscase que as persoas usuarias teñan máis flexibilidade á hora de utilizar os servizos que oferta a instalación”.