A Cabalgata de Reis, en Alfoz, prevista para o 5 de xaneiro partirá ás 15:45 horas da Casa da Cultura. Está organizada pola ANPA do CEIP Castro do Ouro. Colabora o Concello.

A ANPA do CEIP Castro do Ouro de Alfoz organiza a Cabalgata de Reis que terá lugar o sábad,  5 de xaneiro, e que sairá da Casa da Cultura ás 15:45 horas.

A comitiva real visitará a vivenda comunitaria ás 15:50 horas, e posteriormente parará na igrexa das Oiras, na igrexa do Pereiro, na capela do Santiago e na escola da Pinguela. Ás 16:45 horas visitará o campo de fútbol, e despois deterase en Reirado ás 17:10 horas, en Vilaude ás 17:20 h., na igrexa de Bacoi ás 17:35 horas, no Trece ás 17:45 h., na igrexa de Carballido ás 17:55 h. e na igrexa de Adelán ás 18:10 h. A cabalgata dos Reis Magos de Oriente visitará ademais o Castelo ás 18:25 horas, parará na Seara ás 18:45 h. e ten prevista a chegada ao pavillón ás 18:55 horas. A organización informa que os horarios previstos son aproximados.

No pavillón municipal, a partir das 19:00 horas, haberá belén vivinte, chocolatada e inchables.

A Delegación de Cultura e Turismo do Concello de Alfoz colabora na organización deste evento.