A Casa da Cultura de Burela albergará o 3 de novembro unha charla sobre enfermidades reumáticas e musculoesqueléticas

A Casa da Cultura do Concello de Burela albergará mañá, venres 3 de novembro, unha charla informativa sobre enfermidades reumáticas e musculoesqueléticas impartida polodoutor John Guzmán, reumatólogo do Hospital Público da Mariña.

Guzmán será introducido por José León, xefe de proxectos sociosanitarios, que realizará unha breve presentación do movemento asociativoneste ámbitoe dos perigos das supostas medicacións milagrosas que se poden atopar pola rede.

O acto comezaráás 19:00 e a entrada será de balde, non sendo necesario realizar ningún tipo de inscrición previa. Está organizado pola Liga Reumatolóxica Galega, en colaboración co Concello de Burela e a Deputación de Lugo entre outras entidades.

O doutor Guzmán realizará nasúa intervención un repaso sobre a incidencia das enfermidades reumáticas en Galicia,e contestará aquelaspreguntas que os e as asistentes queiran realizar.