Caxoto e a Trastenda dos Contos chegarán a Burela o 20 de marzo coa obra "Un conto e a durmir".

O vindeiro sábado, 20 de marzo, ás 18:30 horas Caxoto da compañía A Trastenda dos Contos representará no Auditorio Municipal de Burela a obra "Un conto e a durmir!".

Chegou a noite e con ela chegan as mellores historias. Os mouchos abren un ollo e dispóñense a comezar o día, un becho estrano camuflado na escuridade ameaza con asaltar a nosa despensa, un neno prepárase para descubrir o lugar de onde veñen todos os risos. Un feixe de contos para bebés arredor da noite, un feixe de aventuras para vivir en familia, un feixe de emocións para descubrir o mundo que nos rodea. Unha función de contos para abrirse camiño ata a cama e deixarse levar cara ó mundo dos soños.

As entradas estarán dispoñibles na billeteira por 2'50 euros.