Coa inauguración da exposición "Burela a través dos libros das festas" darán comezo as patronais burelesas o 25 de maio.

O vindeiro xoves, 25 de maio, ás 20:00 horas será inaugurada na Biblioteca Pública Municipal a exposición "Burela a través dos libros das festas" onde se poderán visualizar exemplares que datan desde o ano 1950 ata o 1999.

A mostra permanecerá aberta ata o 12 de xuño e poderá ser visitada de luns a venres de 9:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas.

Xa o venres, día 26, ás 21:00 horas será a misa na honra da Virxe do Carme e a procesión desde a igrexa da Vila do Medio ata parroquial, que estará acompañada da Banda de Gaitas Dambara.

O sábado, día 27, terá lugar o pregón a cargo de Albano González Cancio na Casa da Cultura, e actuación da Escola de Música de Burela. Ao seu remate está prevista a actuación tamén do dúo Manopuesta.

E o domingo 28 será o día infantil con inchables na praza do Concello ao longo da tarde. Esa xornada celebrarase tamén unha nova edición do rastrillo popular solidario na Praza da Mariña.

As festas patronais de Burela continuarán ata o 6 de xuño con infinidade de actividades.