A comedia Conexión Pingüín representarase na Casa da Cultura de Alfoz o 14 de agosto.

Os actores Luis Iglesia e Marcos Orsi representarán a comida Conexión Pingüín no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz o día 14 de agosto, sábado, ás 20:30 horas.

O aforo é limitado e hai que reservar previamente as entradas gratuítas na Casa do Concello de Alfoz ou chamando ao teléfono 982.558.001 do 5 ao 12 de agosto ou ata que se esgoten.

Esta actividade está incluída no programa Cultura no Camiño Xacobeo 21-22 da Xunta de Galicia.