A Concellería de Medio Ambiente de Burela convoca o III Concurso Fotográfico "Coidemos a terra". O prazo de presentación de traballos remata o 20 de maio.

A Concellería de Medio Ambiente convoca o III Concurso de Fotografía Coidemos a Terra. O prazo de presentación de traballos vai do 21 de abril ao 20 de maio.

Neste certame poden participar todas as persoas que o desexen, residentes en Burela. Aquelas que sexan menores de idade, no momento da inscrición, deberán contar coa autorización do seu pai/nai ou titor legal, debendo indicar os datos na ficha de inscrición.

O concurso establece as categorías Infantil (ata 12 anos), Xuvenil (de máis de 12 anos e ata os 17), e Adulto (maiores de 18 anos).

As fotografías deberán ser orixinais e inéditas, e realizadas con calquera tipo de cámara fotográfica. Terán que ser de praias de Burela –xa que a temática é As praias de Burela-, e indicar o lugar onde foron tomadas, e cada persoa poderá enviar un máximo de dúas fotografías, xa sexa nunha usb, nun cd ou impresas en tamaño 15x21. 

O prazo de inscrición (e envío de fotografías) comezará o 21 de abril ás 00:00 horas e rematará o 20 de maio de 2018 ás 24:00 horas, e efectuarase a través da sede electrónica do Concello de Burela ou polo Rexistro.

O xurado outorgará premios de 100 euros na categoría Infantil, 150 euros na Xuvenil e 200 euros en Adulto. Ademais entregaráselle aos premiados a súa fotografía en lenzo. O fallo do xurado será o 23 de maio e a entrega de premios terá lugar o 11 de xuño ás 20:00 horas no salón de plenos do Concello.

A organización do concurso resérvase o dereito de excluír todas aquelas obras cuxo contido sexa obsceno, sexista, racista, homofóbico ou vulnere dereitos fundamentais das persoas.

Os/as participantes no concurso ceden ao Concello de Burela os dereitos de explotación das fotografías presentadas, incluíndo os dereitos de uso, difusión, mostra ou exhibición. A organización resérvase ademais o dereito de utilizar as fotografías seleccionadas e recibidas con fins promocionais sempre co recoñecemento do autor/a.
As bases do III Concurso Fotográfico Coidemos a terra foron presentadas pola concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben.