A Coral Polifónica de Ribadeo ofrecerá o seu concerto de verán o 20 de xullo no auditorio municipal. Será a beneficio da AECC.

A Coral Polifónica de Ribadeo ofrecerá o seu concerto de verán este venres, 20 de xullo.

A actuación terá lugar no auditorio municipal Hernán Naval e dará comezo ás 20:45 horas.

O concerto, titulado Zarzuela e outras músicas, será en beneficio da Asociación Española contra o Cancro. E o donativo mínimo é de 3 euros.

Colaboran o Concello de Ribadeo, a Asociación Española contra o Cancro, Discosta Norte SL,  a Xunta de Galicia, Acisa Ribadeo e o Centenario de Carlos Álvarez Fernández Cid.