A Coral Polifónica de Ribadeo ofrecerá un concerto sacro este Venres Santo na igrexa parroquial ribadense.

A Coral Polifónica de Ribadeo ofrecerá un concerto sacro este Venres Santo na Igrexa Parroquial ás 19:30 horas. Tamén cantarán nos oficios do Xoves Santo.

A programación cultural do mes de marzo remata hoxe, 30 de marzo, coa actuación de Fátima Fernández que presentará Os contos pop up, dentro do programa APEGO. A representación terá lugar no parque de San Francisco ás 17:30 horas.