A Cultura nas Parroquias do Concello de Ribadeo chega os días 25 e 26 de setembro a Couxela e a Piñeira.

A Concellaría de Cultura de Ribadeo segue co seu programa Cultura nas Parroquias e este fin de semana haberá actuacións de grupos de música tradicional en Couxela e en Piñeira.

O sábado, 25 de setembro, en Couxela actuarán as Pandereteiras da Asociación Amigos da Gaita. Será a saída da misa.

E o domingo, 26 de setembro, en Piñeira estará Seimeira. A actuación terá lugar á entrada e á saída da misa.