Culturactiva representará "Rosalía" en Alfoz o 13 de novembro. Será na Casa da Cultura.

O salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz acollerá o 13 de novembro, venres, ás 20:00 horas a representación da obra de teatro familiar Rosalía, unha produción de Culturactiva. 

É unha hora de teatro para toda a familia na que os asistente poderán gozar do retrato da vida infantil da escritora Rosalía de Castro no momento en que ten que trasladarse desde a aldea á cidade. A obra ofrece unha imaxe da poetisa galega afastada do tópico, como unha nena imaxinativa, divertida, rebelde e que xoga coas palabras.

O acceso é libre e gratuíto ata completar aforo.