Do 1 ao 3 de febreiro celébranse as Festas da Candelaria na parroquia cervense de Rúa.

Dende este venres, 1 de febreiro, e ata o domingo 3 celébranse as Festas da Candelaria en Rúa, Cervo.

O venres, día 1, a partir das 22:00 horas, haberá verbena coas orquestras La Bamba e Esencia.

O sábado 2 ás 13:00 horas oficiarase a misa solemne cantada polo coro parroquial de Cervo, e a continuación a procesión e sesión vermú coa orquestra Panamá. A partir das 22:00 horas, haberá verbena con Panamá e Disco Móvil Havana. Ademais terá lugar a actuación estelar de Pili Pampín.

O domingo 3 ás 13:30 horas será a misa cantada polo coro parroquial de Cervo, e a continuación a procesión e a sesión vermú co grupo Tribal. O recinto contará con carpa.
Organiza estes festexos a comisión de festas de Rúa coa colaboración do Concello de Cervo e a Comunidad de Montes Veciñais.