Do 1 ao 5 de xullo celebrarase en Burela o X Curso Interdisciplinar da Escola Municipal de Música.

Hoxe presentouse no Concello o X Curso Interdisciplinar da Escola Municipal de Música de Burela, que se desenvolverá do 1 ao 5 de xullo. No acto participaron o alcalde, Alfredo Llano, o concelleiro de Cultura, José Díaz, e o director da Escola, Xan Carballal.

O auditorio da Casa da Cultura acollerá o 5 de xullo o concerto de clausura a partir das 20 horas.