Do 10 ao 12 de abril haberá actividades para @s máis nov@s en Ribadeo. Están organizadas pola Concellaría de Mocidade.

Un obradoiro de origami, un contacontos e unha xornada lúdica son as propostas do Concellaría de Mocidade e da OMIX para @s máis nov@s durante a vindeira Semana Santa. 

Mozos e mozas a partir de 10 anos poderán acudir os días 10, 11 e 12 de abril en horario de 11:30 a 13:30 horas á Casa da Xuventude a un obradoiro de origami. As prazas son limitadas. A inscrición, que é gratuíta, pode facerse na propia Casa da Xuventude. 

O 10 de abril haberá un contacontos na Biblioteca Municipal a partir das 17:30 horas. Sole Felloza chega a Ribadeo co seu Calendario de contos. A entrada é gratuíta. A actividade enmárcase no ciclo Ler conta moito. 

E o 11 de abril de catro a sete da tarde no parque de San Francisco terá lugar unha xornada lúdica con inchables, carpa multimedia, animación musical e obradoiros. Desde a Concellaría de Mocidade advirten de que “se o tempo non acompaña o evento trasladarase ao pavillón de deportes”.