Do 11 ao 13 de agosto desenvolverase en Mondoñedo o XXXI Mercado Medieval con infinidade de actividades.

Onte, mércores, botan a andar os actos previstos na XXXI edición do Mercado Medieval de Mondoñedo, que se prolongarán ata o vindeiro domingo. Un concerto do coro Mestre Pacheco e o Pequemedieval polas rúas da cidade servirán para ir abrindo boca cara ás xornadas principais da fin de semana.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou na presentación do programa xunto co alcalde, Manuel Otero, e subliñou que se trata dunha festa de interese turístico que conta co apoio do Goberno galego.

Os postos do mercado abrirán o venres a partir das 20.00 horas, e o pregón será ás 12.00 horas do sábado, a cargo de representantes da asociación O Pasatempo.