Do 14 ao 18 de agosto disputarase en Xove o V Torneo de Pádel San Bartolo, que repartirá 1.200 euros de material deportivo en premios.

Hoxe tivo lugar a presentación do V  Torneo de Padel San Bartolo de Xove.  Neste acto estiveron presentes o alcalde, Demetrio Salgueiro, a concelleira de Deportes, Cristina Iglesias, xunto con Ivan Gonzalez da empresa IG10, que xestiona o torneo.

O torneo será dende o 14 ao 18 de agosto e terá as seguintes categorías: masculina, feminina e mixta. Repartiranse 1200 euros de material deportivo en premios.

A inscrición pódese facer na Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove ou ben nas instalación de IG10 en Burela. O sorteo será o día 11 ás 20:00 na pista de pádel.