Do 16 ao 19 de agosto celébrase en Foz, na praza do Conde de Fontao, a Feira do Libro. A apertura das casetas será en horario de tarde.

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, o Alcalde de Foz, Javier Castiñeira, presentaron na Casa da Cultura de Foz unha nova edición da Feira do Libro, que terá lugarna Praza do Conde de Fontao, dende o 16 ao 19 de agosto, en xornada tarde. Fixérono acompañadas pola Coordinadora Xeral da Federación de Libreiros de Galicia, Nani Regueira e a Delegada Provincial de Cultura, María Carmen Gueimunde González.

O Goberno da Deputación realiza unha achega de 3.000 euros en colaboración coa Federación de Libreiros de Galicia, co obxectivo de apoiar e impulsar o sector editorial na provincia de Lugo.

García Portoremarcou que “con esta nova feira do libro de Foz, colaboramos unha vez máis, con iniciativas que achegan á cidadanía unha parte fundamental da nosa cultura, como é a literatura, ao mesmo tempo que contribuímos ao impulso do noso idioma. Ademais, a programación inclúe preto de 20 actividades, como sinaturas de libros, presentacións editoriais, concursos e sorteos de libros. E por suposto o encontro dos lectores e veciños cunha focense universal, como Luisa Castro.”

8 stands con descontos
A Feira do Libro de Foz inaugurarase o xoves 16 ás 19:00 horas co pregón oficial a cargo do escritor Francisco Narla. En total, haberá 8 casetas de librerías, que ofrecerán un 10% de desconto en todos os libros.Ademais, a Deputación tamén instalará un stand con publicacións editadas polo organismo provincial.

O horario desta Feira será de tarde, dende ás 17:30 ata ás 22:00 horas. Ademais, durante os catro días haberá sorteo de exemplares entre todos os visitantes. As librerías participantes nesta edición son: Librería Pedrería, AENEA, Libraría Cortizas, Libraría Cartabón, Editorial Galaxia, Libraría Bahía, Libraría Nobel de Burela, e a Deputación de Lugo.

Luisa Castro asina o sábado día 18 ás 18:00 horas
A nova edición da Feira do Libro de Foz comeza co pregón do escritor Francisco Narla, ademais, a programación inclúe preto de 20 actividades, como sinaturas de libros, presentacións editoriais, concursos e sorteos de libros. A escritora focense Luisa Castro, asina Baleas e Baleas, (editado en 1988), o primeiro e único poemario en galego asinado pola autora ata a data, e que reaparece agora trinta anos despois. 

A Feira acolle outras presentacións como IslasCiprianius de PabloMosquera; Rocio López asina Nunca fuimosbuenos; Gaiola Aberta de Xoan Neira; Los caballeros negros y la corona verde de Felix Carreira; Sonia Arias asina Campos de batalla; La aldea de Silvia Salgado; Atlantide. Muller d´Agua de Adela Figueroa; Patricia Bernardo presenta La Negociación; FinySesmonde presenta Gotas de rocío, copos de neve; JulioFernandez-SanguinopresentaJosé Picado y Perez. Pintor vivairense e por último, o artista mariñán, Alfonso Otero Regal presenta a súa última obra “Hai mulleres”: