Do 16 ao 20 de agosto terá lugar na explanada portuaria focense a feira Foz Market con food trucks, salón do automóbil e actuacións musicais.

Este mércores, día 16, abre as súas portas na explanada portuaria focense Foz Market con festival de food trucks, salón do automóbil e diversas actividades. Ese día, ás 20:00 horas, visitarán a feira o alcalde, Javier Castiñeira, o presidente de Acia/CCA Foz, José Carlos Paleo, e representantes dos partidos políticos integrantes da Corporación Municipal focense. A quinta edición da Feira Multisectorial, agora Foz Market, está organizada por EsMarket coa colaboración de ACIA/CCA Foz e o Concello de Foz.

En Foz Market haberá varias actuacións musicais. O mércores, día 16, actuará Doctor Crank, de Gijón, entre as 22:30 e as 00:00 horas. O xoves haberá sesión vermú de 13:00 a 14:30 horas, e sesión de noite de 22:30 a 00:00 horas co grupo Otus Scops, de Luarca. O venres 18 as sesións vermú e de noite estarán amenizadas por Mènage a trois, de Viveiro. O sábado a sesión vermú entre as 13:00 e as 14:30 horas correrá a cargo do grupo Andhrea & The black Cats, de Santiago, e a sesión de noite de 22:30 a 00:00 horas contará co grupo Skuld, de Puerto de Vega. E o domingo haberá sesión vermú de 13:00 a 14:30 horas pola noite de 22:30 a 00:00 horas actuará o grupo Swing XXI, de Gijón e Oviedo.

Desde Es Market, Acia/CCA Foz e o Concello animan a asistir a esta cita “na que haberá propostas para todos os públicos”.