Do 2 ao 4 de marzo terá lugar en Viveiro a campaña Fora Stocks, que organiza o CCH. Na mesma participan 30 tendas.

Desde o CCH explican que “dende o xoves día 2 ata o sábado 4 de Marzo serán preto de 30 negocios participantes os que liquidarán todo o stock de temporada cuns descontos incribles, chegando ata o 70 ou 75% en varios casos. Trátase de converter o final de tempada de rebaixas nunha feira de stock.. pero dentro de cada local, convertendo a fin de semana nunha festa de compras con fantásticos descontos en miles de artigos. A gran variedade de tendas que se suman a este tipo de campañas fan que sexan todo un éxito de afluencia de clientes”. 

E indican que “participan locais de moda, calzado, complementos, infantil, deportes, lencería, xoias, mobles, decoración, artigos para o fogar, librerías e ópticas. Para aproveitar estas oportunidades esperamos que os clientes doutras localidades da comarca se animen a visitar Viveiro esta fin de semana, pasear polo casco antigo, mercar con fantásticos descontos e desfrutar da hostalaría da vila. Teremos a oportunidade de mercar artigos para facerlle fronte ó frío que vai estes días pero con super descontos, que mellor oportunidade!” 

Desde o CCH engaden que “os locais participantes estarán identificados con chamativos carteis de cor vermella co nome da campaña. Deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar da liquidación de stocks. Tratase de ofrecer ó cliente os mellores descontos en artigos de primeiras marcas, ca mellor calidade, sen ter que desprazarse, mercando no comercio local, un comercio que ofrece un trato persoal e profesional. Un final de rebaixas por todo o alto, con súper descontos, tiramos a casa pola ventá!!”.