Do 20 ao 22 de xullo celébranse as festas patronais de Lago, en Xove, na honra da Virxe do Carme e de San Antón.

Unha das Festas con máis solera da Mariña teñen este fin de semana o seu epicentro en Xove. A parroquia de Lago celebra este fin de semana as súas Festas Patronais en honra á Virxe do Carme e a San Antón.

O amplo programa de actividades vai comezar o venres, 20 de xullo, cunha gran churrascada a partires das 8 da tarde no campo da festa, á que están citados tódolos xovenses e visitantes da Parroquia nestes dias.  Cada ración vai incluir: churrasco de porco, ½ chourizo vermello,  ½ chourizo criollo, patacas fritidas e pan.
Despois da churrascada, e para facer unha boa digestión movendo o esqueleto,  unha gran verbena coa Orquestra Costa Dorada e o Grupo Tribal.  Prevendo unha grande afluencia de público, a organización ten previsto amplos aparcamento no entorno do campo da festa co fin de facilitar a presenza de tódolos visitantes.

Xa o sábado, 21 de xullo, dia adicado á Virxe do Carme, pola mañá haberá sesión vermú a cargo de Orquestra Suavecito, e xa pola noite, verbena coa Orquestra Suavecito  e o Grupo Alma Latina. 

O domingo, 22 de xullo, dia adicado a San Antón, teremos pola mañá Misa Solemne ás 13:30 horas e posterior procesión, para rematar  cunha sesión vermú a cargo do Trío Lembranza, coa que se porá punto final ás Festas.

A comisión quere, darlle as grazas a tódalas persoas, institucións, empresas, etc. que desinteresadamente colaboraron coas nosas festas, agradecemento que queremos sexa especial para tódolos veciños de lago, aos cales invitan a participar  e disfrutar das moitas actividades programadas.