Do 21 de xullo ao 18 de agosto terá lugar en Mondoñedo o Merlín Fest, con variados concertos gratuítos.

Desde o 21 de xullo e ata o 18 de agosto, Mondoñedo acollerá sete diferentes concertos e eventos musicais de balde por diferentes localización do pobo. O festival está organizado polo Concello de Mondoñedo e conta co patrocinio da Xunta de Galicia.

O Merlín Fest arrinca o 21 de xullo cun concerto do Trío Somoza na Praza da Catedral ás 23 horas, que versionarán cancións dos anos 70, 80 e 90. Seguidamente, o domingo 23 será o concerto de Skadelos  ás 13 horas na Praza do Concello, que amenizará a sesión vermú.

O martes, 25 de xullo, terá lugar a noite folk, cun concerto de Owl Light e Xógara ás 21.30 nos Muíños. Este grupo caracterizase por un estilo de música singular: o folk anglo-galés-galego. O 30 de xullo os asistentes poderán desfrutar de algo totalmente distinto: música urbana e trap da man de Amorodo. Este será a 13.30 horas na Praza da Catedral.

Seguidamente, no mes de agosto terán lugar tres concertos máis. Comenzado o domingo 6 co de Airband, que fai tributo á movida madrileña. O 14 de agosto ás 23.30 haberá unha sesión de DJs na Fonte Vella ás 23.30 horas. Finalmente, o 18 de agosto pecharase o festival co concerto de Tomás Porteiro ás 20.30 horas na Praza do Concello.