Do 4 ao 8 de setembro desenvolverase unha semana cultural no Valadouro con música, pasacalles e actividades para os máis pequenos.

O Concello de O Valadouro organiza unha semana cultural para rememorar as festas patronais condicionadas, un ano máis, pola pandemia. Estas actividades desenvolveranse, dos días 4 ao 8 de setembro, na praza de Santa María.

O sábado 4 ás 20:30 horas haberá unha demostración de baile, música e canto tradicional a cargo da Asociación Cultural Amado Lar.

O domingo 5 ás 21:00 horas celebrarase a Gran Gala do circo, maxia e humor presentado por O Neto do Gayoso.

O mércores 8 ás 13:30 horas haberá sesión vermú co Dúo Epo-K; ás 16:30 desenvolveranse actividades para nen@s con inchables, competición láser, tatuaxe purpurina e globoflexia; ás 18:00 horas, actuarán Seres Fantásticos; ás 22:00 horas ofrecerá un concerto folk tradicional Leirabuxo; e ás 23:30 horas actuarán Los Satélites.

O xoves 9 ás 11:30 horas haberá pasacalles coa Banda de Música de Lourenzá, que ofrecerá un concerto a partir das 14:00 h. Ás 20:00 horas celebrarase o espectáculo de clown-percusión familiar Tempos Modernos, e ás 22:30 horas actuará El Combo Dominicano.

É imprescindible a reserva para asistir a cada un dos actos e pódese facer no teléfono 982 571 516, en horario de 9:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:00 horas. As reservas perderán efecto para aquelas persoas que non accedesen ao recinto dez minutos despois de comezar a actuación e no caso de quedar prazas libres poderá acceder a xente sen reserva.