Do 4 de xullo ao 22 de agosto terá lugar o X Aberto por Vacacións, que organiza o Concello de Foz. As actividades están destinadas a nenxs de 3 a 12 anos.

A  Concellería de Xuventude do Concello de Foz organiza o programa Aberto x Vacacións que se celebrará durante os meses de xullo e agosto.

Está dirixido a nenos e nenas con idades entre 3 e 12 anos, nad@s entre os anos 2007 e 2015, neste caso nen@s que xa fosen ao colexio o curso pasado. As actividades terán lugar de luns a venres, en horario de 10:30 a 13:30.

O prazo de inscrición vai do 25 ao 28 de xuño, e do 29 ao 31 de xullo no caso de quedar vacantes para o mes de agosto. Para anotarse é preciso entregar a folla de inscrición, xunto con copia da tarxeta da Seguridade Social, na Casa da Xuventude, en horario de 10:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00. As prazas son limitadas e adxudicaranse por orde de inscrición e rango de idade. O prezo é 20 euros ao mes.

Haberá obradoiros, kaiaks, xogos na praia, inchables e rutas de multideporte, entre outras actividades. Desenvolveranse na praia, no CEIP O Cantel, no campo de fútbol de Malates e no Cenima.

A reunión de presentación terá lugar o mércores 3 de xullo, as actividades comezarán o 4 de xullo e rematarán o 22 de agosto.

As persoas que desexen máis información poden solicitala na Casa da Xuventude, na rúa Julia Minguillón, 7-baixo; no número de teléfono 982 13 30 37 e na dirección de correo electrónico xuventude@concellodefoz.es.