Dobre sesión de teatro os días 23 e 24 de novembro en Lourenzá, dentro do Certame deste 2019 que comezaba hai uns días.

Esta fin de semana haberá representacións do certame de teatro Concello de Lourenzá o sábado e o domingo.

Fauna 113, grupo gañador na edición pasada do certame, actuará este sábado, día 23, ás 20:30 horas. Porán en escena a obra A última cea. E o domingo ás 20:00 horas tócalle Matabelas Teatro, de Teo, representará a obra A estraña familia.