"Dous séculos de industria na Mariña: de Sargadelos a Alcoa". Ese é o título da charla que se celebrará este xoves, 27 de maio, organizada por Mariña Patrimonio.

Continuando coas actividades non presenciais Mariña Patrimonio programa para mañá, 27 de maio, ás 19.00 horas a conferencia “Dous séculos de industria na Mariña: de Sargadelos a Alcoa”, que será impartida  polo profesor Xoán Carmona Badía e na que  falará das orixes e a evolución da industria na Mariña, enfocando o tema sobre todo nos dous grandes proxectos desenvolvidos na bisbarra (Sargadelos e Alcoa), as razóns e as características que se deron para a implantación de ambos proxectos que, coas súas diferenzas e peculiaridades, tiveron gran repercusión. 

A conferencia será difundida na páxina de Facebook de Mariña Patrimonio: https://es-es.facebook.com/pg/marinhapatrimonio/events/?ref=page_internal , no apartado de eventos de acceso libre. A organización lembra que se poderán facer preguntas e mais comentarios por escrito, mentres dure a intervención, e serán trasladados ao relator.