"El musical de los 80's y 90's" chega a Burela o 4 de marzo. As entradas están xa á venda.

Tras o seu paso por lugares tan emblemáticos como o Teatre Apolo, de Barcelona, o Teatro Campos Elíseos Antzokia, de Bilbao, ou o Teatro EDP Gran Vía, de Madrid, de ser disfrutado por máis de 300 mil espectadores "El Musical de los 80's y 90's" da Compañía Onbeat chegará á Casa da Cultura de Burela o 4 de Marzo ás 20:00 horas.

Trátase dunha comedia musical moi divertida na que o público compartirá a experiencia dos personaxes cantando, bailando e sendo cómplices de cada un deles. O mellor pop español dos 80 e 90 con temas de grupos como Mecano, Celtas Cortos, Danza Invisible ou Seguridad Social mestúrase con éxitos internacionais e coas mellores cancións do verán que marcaron a nosa xuventude.

A inauguración dun bar é a escusa perfecta para organizar o reencontro duns amigos do instituto que remataron os seus estudos hai 25 anos. Ese bar chamado "A Movida do Bacallau" é a sede onde se reúnen para lembrar unha época que marcou as súas vidas ao ritmo da mellor música daquela mocidade onde non existían redes sociais. Co recordo de outrora a realidade demostra que a vida deses vellos amigos cambiou moito pero eles no fondo seguen sendo os mesmos.

As entradas están xa á venda en https://bit.ly/3IG7lSv