En Burela haberá un obradoiro de debuxo urbano o 30 de setembro para rapazada a partir de 12 anos. Inscrición aberta ata o día antes.

O venres 30 de Setembro de 16:00 a 20:00 horas terá lugar na Praza da Mariña, de Burela, un obradoiro de debuxo urbano para mozos e mozas a partir de 12 anos. Será impartido por Kiko da Silva, director de O Garaxe Hermético - Escola Profesional de Banda Deseñada e Ilustración.

Dez concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entre eles o de Burela, acollen esta actividade gratuíta de sensibilización ambiental.

Os interesados en participar deben anotarse chamando á Casa da Xuventude de Burela (teléfono 982.58.11.41). O prazo remata o 29 de setembro.