En Burela póñense á venda o 27 de marzo 300 entradas para ver a comedia "Somos criminais" de Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán.

Mañá, martes, poranse á venda en Burela 300 entradas para ver a Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán o vindeiro 15 de xuño na Casa da Cultura co seu traballo Somos criminais. Poderán adquirirse na Biblioteca e no restaurante Mis en Plas, segundo ven de anunciar o concelleiro de Cultura, José Díaz, desde 10 euros. 

Nesta comedia Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán fanse unha serie de preguntas sobre Galicia, como si temos unha cultura propia ou se delinquimos como galegos. Os dous actores analizan e dramatizan sobre crimes autóctonos en todas as súas variables, desde o crime por inconsciente ata o crime por acumulación de mala hostia, pasando polo crime familiar por mor das herdanzas, o asasinato por suxestión ou as orixes do narcotráfico galego. 

As entradas para este espectáculo seguen tamén á venda en internet en ataquilla.com