En Lourenzá o 25 de xullo seguirán as actividades en homenaxe a Francisco Fernández del Riego.

O Concello de Lourenzá deu a coñecer a programación para o Día de Galicia, 25 de xullo, na honra de Francisco Fernández del Riego. Esa xornada terán lugar diferentes actos culturais organizados polo Concello de Lourenzá e a Mesa Coordinadora Don Paco.

En primeiro lugar, ás 13.30 horas na Praza de Conde Santo celebrarase a escenificación do manifesto que o propio escritor leu o 25 de xullo de 1931, a cargo do grupo Avelaíña Teatro. Simultaneamente estará acompañado con música da Asociación Cultural Osorio Gutiérrez. 

E ás 20.30 horas no Multiusos “Ponte das Cuñas” haberá unha representación da obra de teatro Almas na Gloria, que foi escrita como homenaxe á Don Paco. Tamén nesta ocasión, representado polo grupo Avelaíña Teatro, de Pontevedra.