En maio haberá talleres de reeducación postural ao aire libre en Ribadeo, dentro do programa "Corpo de Muller".

A praia dos Bloques e o Cargadoiro acollerán en maio as actividades do programa Corpo de muller. Trátase de talleres de reeducación postural ao aire libre. 

Desde a Concellaría de Igualdade e desde o CIM sinalan que “para pechar este semestre e despois da boa acollida destes talleres desde setembro ata abril, vanse impartir 8 horas de talleres de reeducación postural ao aire libre en maio”.

E subliñan que “o taller desenvolverase os luns e mércores desde as 18 ás 19 horas ao longo do mes de maio na praia dos Bloques e no Cargadoiro. Son un total de 10 horas as que conformarán esta oferta de taller de reeducación da columna. As interesadas deberán pagar a modo de matrícula 15 euros si se anotan os dous días da semana e 10 euros si só é un día á semana”. 

O prazo para facer efectiva a matrícula estará aberto do 27 de abril ao 3 de maio. As mulleres interesadas en participar poden anotarse de xeito presencial nas oficinas do Centro de Informacións ás Mulleres, sitas no Auditorio Municipal, ou enviando os datos por correo electrónico xunto coa folla que acredite o pagamento da matrícula no taller Corpo de Muller ao aire libre. 

A persoa que imparte os talleres é Sandra Saavedra, que é fisioterapeuta especializada neste campo do movemento e da reeducación postural global.