En Ribadeo está aberta a inscrición para Viaxar en Igualdade o vindeiro 8 de marzo

No CIM está aberta a inscrición para Viaxar en Igualdade o vindeiro 8 de marzo ao Balneario Termas de Cuntis. A actividade foi presentada pola concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo. 

A edil ribadense contou que “a Concellería de Benestar Social e a Concellería de Igualdade axuntamos esforzos para ofrecer a experiencia Viaxar en Igualdade, unha visita ás termas de Cuntis. Incluirá almorzo, entrada ao balneario, charla informativa sobre os beneficios dos balnearios e comida. Será o 8 de marzo e sairase da estación de autobuses ás 7 menos cuarto da mañá”.

Sanjurjo subliñou que “para apuntarse hai que chamar ao 982.120.808 ou dirixirse ao CIM, no auditorio, antes do 5 de marzo, xa que as prazas son limitadas”.