A escritora Lucía Ferro imparte un taller de escritura en Ribadeo do 4 de decembro ao 22 de xaneiro

O colectivo artístico ribadense As Vacas Fracas organiza un taller de escritura que será impartido pola escritora Lucía Ferro. Co título “Como consigo rematar unha historia?” desenvolverase no Centro Social de Ribadeo en seis sesións, que serán os luns 4, 11 e 18 de decembro e 8, 15 e 22 de xaneiro ás 19:00 horas.

Esta actividade é para maiores de 16 anos, o prezo é de 23 euros por persoa e as prazas son limitadas.

As persoas interesadas poden obter máis información contactando coa organización a través do teléfono 686.812.959.