Está aberta a inscrición para participar no VIII Concurso de Karaoke que organiza o Concello de Xove. Celebrarase o 22 de decembro.

O Delegación de Cultura do Concello de Xove organiza a VIII edición do Concurso de Karaoke que se celebrará o sábado, 22 de decembro, ás 21:30 horas, no Pavillón Municipal de Deportes.

As bases e a relación de cancións para participar pódense recoller nas Oficinas Xerais do Concello ou no Departamento de Cultura. Tamén se poden enviar por e-mail ás persoas que o soliciten, e consultalas na páxina web do Concello: www.xove.es.

Os/as participantes que concursen cunha canción non incluída na lista da organización, teñen de prazo para inscribirse ata o día 14 de decembro, ás 14:30 horas. Para o resto o límite de inscrición remata o día 21 de decembro, ás 15:00 horas. As anotacións poden facerse presencialmente na Oficina do Técnico de Cultura, en horario de oficina, ou chamando ao teléfono 982 59 20 01. A inscrición o mesmo día do concurso estará aberta dende as 17:00 horas ata ás 19:00 h., no Pavillón Municipal de Deportes. A inscrición é gratuíta.

Os ensaios previos realizaranse no Pavillón, o mesmo día do concurso, en horario de 17:00 a 19:00 horas (por orde de inscrición).

Os premios para a categoría de menores de 12 anos serán de 60 euros para o primeiro e o segundo, e ademais haberá un premio de 60 anos á mellor caracterización. En Junior, de 12 anos a menores de 18 anos, os premios serán de 90 euros para o primeiro e segundo, e tamén de 90€ para a mellor caracterización. Na categoría de Veteranos, maiores de 18 anos, os premios serán de 150 euros para o primeiro e segundo, e 150€ para a mellor caracterización.