Este 14 de maio póñense á venda anticipada as entradas para o segundo partido do play off que disputarán o Pescados Rubén Burela FS e o Real Betis Futsal.

O Pescados Rubén Burela FS habilitará a venda anticipada de entradas para o segundo partido de play off dende o 14 de maio na sede da entidade (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta), ata completar aforo. Tras o 2-1 en contra desta fin de semana, o cadro de Juanma Marrube volverá medirse ao Real Betis Futsal o venres 18 (21.00 horas), arroupado por Vista Alegre e con Festa Laranxa dende as 19.00 horas. 

Non soci@s adult@s: 10 euros
 Soci@s adult@s: 5 euros
 Menores de idade: 2 euros

Horario de atencion: Luns, martes e mércores (10.00-14.00//16.00-19-00)
Venres (10.00-14.00 horas)